| Máis sobre Asolif, a Asociación Nacional de Empresas de Software Libre Federadas |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 03 de Marzo do 2008 | |
|
O venres pasado naceu oficialmente a Asociación Nacional de Empresas de Software Libre Federas, que instalou a súa sede física en Almendralejo, Badajoz. O obxectivo desta asociación é fomentar a colaboración entre as distintas empresas de Software Libre e converterse nun "vehículo importante" para que todos os seus membros traballen en rede. Asolif quere que todas aquelas asociacións empresariais que teñan dentro dos seus obxectivos ou na súa estratexia a difusión ou a promoción do uso do Software Libre formen parte desta asociación. Por este motivo, Asolif firmou un acordo co "CENATIC" para contribuír ao asociacionismo das empresas de Software Libre...
O presidente de Asolif, Daniel Armendáriz, gabou a decisión "pioneira" de la Junta de adoptar o Software Libre na súa versión LinEx, feito que provocou que moitos gobernos autonómicos e entidades nacionais e internacionais tomaran a Extremadura como referente dun "modelo diferente de facer as cousas". Da mesma maneira, indicou que o ánimo co que nace Asolif é intentar crear unha voz para que o sector das empresas de Software Libre teñan cada vez "máis forza". A vicepresidenta da Junta e conselleira de Economía, Comercio e Innovación, María Dolores Aguilar, considerou que a constitución de Asolif evidencia e reafirma a aposta da Junta de Extremadura polo Software Libre.
Fonte orixinal da nova: Artigos relacionados
|





















