| Lambdastream é distinguida por un sistema de vídeo baixo demanda que funciona sobre GNU/Linux |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 17 de Outubro do 2006 | |
|
A empresa coruñesa Lambdastream foi seleccionada como unha das 16 mellores empresas de nova creación. Lambdastream forma parte da selección das mellores Start-ups de España elaborada polo Foro Neotec. O proxecto estrela de Lambdastream é o VoDKA (Video on Demand Kernel Architecture) un sistema de vídeo baixo demanda. Este sistema, recentemente vendido á federación de televisións rusa, corre sobre GNU/Linux como sistema preferente aínda que tamén funciona en Solaris e Digital UNIX. Ademais a maior parte das ferramentas de desenvolvemento, ofimática e deseño gráfico empregadas pola compañía son Software Libre. O Foro Neotec é un evento, promovido polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) do Ministerio de Industria que se celebrará o día 7 de novembro en Valencia. |





















