Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Iniciativas PEME arrow Hoxe terá lugar unha xuntanza para a creación dunha asociación de empresas de Software Libre galegas
Hoxe terá lugar unha xuntanza para a creación dunha asociación de empresas de Software Libre galegas PDF Imprimir Correo-e
o Mércores, 23 de Maio do 2007
A Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Compostela acolle hoxe a partir das 17:30 unha xuntanza encamiñada a crear unha asociación de empresas de Software Libre galegas. Esta iniciativa busca o nacemento dunha organización que defenda os intereses comúns das empresas do sector e sirva como xerador de oportunidades de negocio e sinerxias económicas. 

Na reunión designarase unha comisión responsable da formación da asociación así como definir os mecanismos de comunicación e primeiros pasos a levar a cabo.

Ademais de falar sobre a asociación local de empresas de Software Libre, informarase aos asistentes da creación dunha organización que represente ás empresas de todo o estado. Nesta organización de ámbito estatal estarían integradas tamén as diferentes organizacións rexionais. 

Para coñecer a iniciativa da federación estatal, así como coñecer as motivacións e experiencias doutras asociacións xa existentes, estará presente Daniel Armendáriz -Presidente de ESLE, a asociación de empresas vascas de Software Libre.

A orde do día inclúe:

  • Presentación das motivacións e obxectivos da existencia dunha Asociación de Empresas Galegas de Software Libre.
  • Presentación da experiencia de ESLE no País Vasco.
  • Elección da comisión encargada de formar a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre.




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement