| Contidos Dixitais adaptará Dokeos para as institucións responsables da Seguridade Social |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 30 de Abril do 2007 | |
A Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS) mailo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), lanzarán a finais deste mes de abril unha plataforma de teleformación baseada en Dokeos. Contará co asesoramento da empresa galega Contidos Dixitais nos aspectos formativos e tecnolóxicos así como na personalización da plataforma. A través do campus virtual o TGSS e o INSS esperan ofrecer contidos de calidade a máis de 2.500 alumnos. Contidos Dixitais ofrecerá aloxamento, soporte técnico, mantemento, consultoría pedagóxica e elaboración de contidos. O campus basearase na versión LMS 1.8 de Dokeos que precisa de tradutores para a súa versión galega. Artigos relacionados |








A 












