Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Codeka, nova aplicación de facturación, terminal de punto de venda e control de almacéns para a PEME PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 09 de Xullo do 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/codeka.jpgCodeKa é un software de facturación, terminal punto de venda (TPV) e control de almacén, deseñado especialmente para pequenas e medianas empresas. Desenvolvido en Estremadura, esta é unha nova versión do software Galopín presentado en 2004, e que mellora notablemente o rendemento e as funcionalidades deste, baseándose na experiencia acumulada dos propios usuarios do programa.

O seu funcionamento a través de contorna web permite o seu uso multiplataforma, tanto en sistemas Windows como GNU/Linux. O software foi desenvolvido en linguaxe PHP e utilizando como motor de base de datos MySQL...


Entre as principais funcións da aplicación están as seguintes:

  • Xestión de Interlocutores comerciais [Clientes e provedores]
  • Xestión de Artigos e Familias
  • Xestión de Facturas e Albaráns dos clientes
  • Xestión de Facturas e Albaráns dos provedores
  • Vendas en mostrador [TPV]
  • Xestión dos cobros e pagos [Tesouraría]
  • Creación e configuración de códigos de barras
  • Xestión de de copias de seguridade
  • Listaxes en formato PDF

No portal www.codeka.net, ademais do programa para a súa descarga gratuíta, atópase a posibilidade de solicitar un CD-ROM coa aplicación, a documentación de axuda e todo o material adicional necesario para o seu correcto funcionamento. Na web tamén existe un foro para as consultas sobre o software. Tamén é posible contactar directamente cos desenvolvedores para solicitar melloras ou novas capacidades do programa.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...