Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Iniciativas PEME arrow Caso de éxito de negocio con Software Libre: SNORT
Caso de éxito de negocio con Software Libre: SNORT PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 19 de Setembro do 2006
Snort é un popular programa para a detección de instrusos en redes de computadores. O seu creador, Marty Roesch, comezou a escribilo no ano 1998. Entón tiña 28 anos e decidiu montar unha empresa, Sourcefire, que vendería no ano 2005 por un prezo multimillonario: 225 millóns de dólares. A chave do seu éxito foi...
 
...por un lado, utilizar Internet para distribuír software de código aberto gratis e, por outro, vender pezas propietarias (de código pechado) que melloran a oferta gratuíta. Este modelo mixto, código aberto + código pechado, emerxe como un dos novos modelos de negocio máis populares na industria de software, segundo os investidores de capital risco.
 
Existen, con todo, potenciais problemas á hora de implantar este modelo, xa que nel se conta cunha comunidade de desenvolvedores que, en moitos casos, non están dispostos a seguir o "dobre xogo". Asemade, as empresas con modelos mixtos poden acabar abandoando as súas ofertas abertas porque se se ten unha versión de código aberto gratuíta e unha versión comercial con funcionalidades melloradas, a versión libre pode sufrir as consecuencias converténdose nunha solución de menor gama dentro da liña de negocio.
 
Máis información: IDG.es/cio  




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement