| Axudas do IGAPE para empresas desenvolvedoras de código aberto |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 19 de Abril do 2007 | |
|
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) vén de publicar unhas axudas para empresas desenvolvedoras de código aberto. Subvencionaranse proxectos propostos por empresas de desenvolvemento de software ou solucións software "encastradas", en código aberto dirixidos á mellora da produtividade e a introducir as TIC na PEME. Os proxectos deberán contar coa participación inicial de polo menos 5 PEME galegas determinadas, que permitan o ensaio e adaptación da aplicación, coa vantaxe de seren usuarios de xeito gratuíto da solución adaptada. Unha vez acadado o obxectivo de ensaio: adaptación final en polo menos esas cinco PEME, o proxecto establecerá un compromiso de cesión e adaptación gratuíta en polo menos 10 PEME galegas máis. O prazo para presentar solicitudes remata o día 31 de maio.
Poderá beneficiarse destas axudas calquera PEME informática galega que propoña a realización en Galicia dun proxecto de desenvolvemento final de aplicativos informáticos de xestión e implantación en PEME. As empresas deberán aportar para o proxecto polo menos un 25% do seu importe. A cantidade subvencionable é de ata 150.000 euros. Os custos subvencionables poderán consistir en: O expediente avaliarase tomando en conta os seguintes criterios, seleccionando aqueles que obteñan maior puntuación ata o límite do orzamento asignado: Artigos relacionados
|





















