Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Iniciativas LUG arrow Voluntarios salvan do lixo ducias de vellos PC mediante o uso de Software Libre
Voluntarios salvan do lixo ducias de vellos PC mediante o uso de Software Libre PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 12 de Decembro do 2007

No diario "A nosa Terra" vemos publicada a seguinte nova sobre a colaboración do GRUVI, GALPON, GULO e a Universidade de Vigo para a recuperación de computadores vellos empregando Software Libre:

"Hai unha alternativa galega para que os computadores obsoletos non acaben no vertedoiro. Funciona na Universidade de Vigo grazas ao altruísmo de dous grupos a prol do software libre de Pontevedra e Ourense.

Montar computadores con pezas de aparatos vellos condenados ao lixo. Isto é o que fan no Grupo de Reciclaxe Informático da Universidade de Vigo (GRUVI), unha iniciativa única no país para regalar ordenadores a organizacións sen ánimo de lucro.

No GRUVI colabora a Universidade co Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPON) e de Ourense (GULO). E é que o Software Libre, os programas que calquera pode copiar e mellorar, xogan un rol clave neste pioneiro proxecto...


Carlos Rodríguez, presidente de GALPON, explica que “neste dous anos recollemos uns 200 equipos obsoletos e coas pezas conseguirmos montar uns 50 computadores plenamente funcionais”. Unha vez montados, os activistas instálanlle programas libres “moi lixeiros”, que permiten realizar as tarefas básicas -como escribir textos ou navegar pola rede.

O destino das máquinas son organizacións sen ánimo de lucro -asociacións culturais, por exemplo- que se poden apuntar a unha convocatoria pública anual da Universidade.

 

Podes ver a nova completa na súa fonte orixinal:
http://encomprobacion.com





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement