| Versión final (v1) de GALPon MiniNo |
|
|
|
| escrito por fjrial o Martes, 23 de Setembro do 2008 | |
|
Visto na páxina de GALPon: A maioría non notará cambios substanciais xa que o traballo final foi o de pulir detalliños e mellorar algunha funcionalidade. Tal vez o máis subliñable sexa a actualización a última versión de Midori, engadímoslle buscadores e o xestor de descargas "gwget" que a súa vez está dispoñible desde menús. Engadimos a tradución ó galego de "mc", o monitor de actividade "xosview" e algún xogo máis, traducindo aqueles que dispoñen de ficheiro de localización/internacionalización. Como sempre están dispoñibles na páxina do proxecto: http://minino.galpon.org" Ligazóns de descarga directa: GALPon_MiniNo_gl_v1.iso suma MD5 de comprobación: cba492dcdf30004eca1d3b789820d4d0 GALPon_MiniNo_es_v1.iso suma MD5 de comprobación: 2ea1f5ed83ec9f4cbc17633c80f36680 Para soporte e colaboracións, a lista do noso grupo: http://groups.google.com/group/minino-distro?hl=gl Fonte: Artigos relacionados |
















