| Os GULS conseguen que a plataforma XADE da Consellaría de Educación cumpra estándares abertos |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 02 de Abril do 2008 | |
|
Na páxina de GALPon podemos ver a seguinte nova na que analizan o prego técnico dunha contratación da Consellaría de Educación para que a plataforma XADE cumpra estándares abertos, reivindicación que os GULS fixeran chegar aos responsables da plataforma o ano pasado. "A Consellería de Educación saca a contratación o desenvolvemento de novos módulos de software da aplicación informática de Xestión Académica Das Ensinanzas (XADE) dos centros educativos non universitarios esixindo que estes módulos cumpran con estándares abertos non propietarios e que sexan compatibles con varios navegadores.
Baseándose no emprego de tecnoloxías abertas coma J2EE, HTML 4.01, CSS ou OpenLDAP, entre outras, o desenvolvemento destes servizos deberá ter nivel de accesibilidade AA e ser multiplataforma. Ademais toda a documentación deberá presentarse seguindo o estándar OASIS (OpenDocument Format - ODF) que emprega, por exemplo, a suite ofimática OpenOffice. XADE é coñecida polo profesorado pola súa pésima estrutura de traballo e problemas de seguridade xa que só era empregable dende arquitecturas propietarias coma IExplorer e Access a través de rede local, sendo denunciado polos GULs o ano pasado. Espérase que o desenvolvemento baseado en estándares abertos leve consigo a mellora na calidade desta ferramenta tan básica para o traballo de administración dos centros galegos de educación non universitaria. En detalle, o prego de prescripcións técnicas solicita os seguintes puntos:..." "Arquitectura a tres niveis:
Escalabilidade, alta dispoñibilidade e seguridade co obxecto de garantir a escalabilidade, a aplicación estará deseñada para ser balanceada entre varias máquinas. Arquitectura software:
http://www.galpon.org/drupal/node/179 Artigos relacionados |
























