Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Iniciativas LUG arrow OoDocGal curso online e participativo sobre OpenOffice.org

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
OoDocGal curso online e participativo sobre OpenOffice.org PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 23 de Xaneiro do 2007
OooOoDocGal é un proxecto vivo e en continua transformación de documentación e formación para facilitar o ensino do Software Libre e a iniciación no mundo da informática. Artellado coma un wiki contén materiais didácticos sobre os primeiros pasos perante un computador e ofimática a través de OpenOffice.org. Foi desenvolvido grazas ao activismo da asociación CompostelaWireless e conta co apoio de Mancomun.org e DPInformática.
 
O Wiki contén polo de agora dous cursos básicos titulados Achegamento á informática e OpenOffice.org, centrándose no caso da aplicación ofimática no procesador de textos e no xestor de follas de cálculo. Os cursos procuran que o alumno teña competencia non só en programas concretos senón que desenvolva habilidades para poder manexarse con soltura diante dun computador. O obxectivo final é crear unha alternativa non só tecnolóxica senón tamén educativa xa que, segundo expoñen os promotores de OoDocGal, moitas veces os usuarios actúan por inercia e só queren empregar o software no que foron ensinados.
 
Esta valiosa ferramenta didáctica foi posible mediante o traballo colaborativo dunha serie de voluntarios que desenvolveron os contidos do wiki. Calquera que o desexe pode inscribirse e facer unha achega con novos contidos. Cabe salientar a importancia de ofrecer documentación que complemente e facilite o acercamento dos usuarios ao Software Libre.
 




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...