| Nova convocatoria do GRUVI para entrega de equipos reciclados a entidades sociais sen ánimo de lucro |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 25 de Febreiro do 2008 | |
Visto na páxina de GALPon:"GRUVI dispón nestes momentos de case 30 PC listos para ser entregados ás entidades que cumpran os requisitos habituais nas convocatorias. Desta vez a novidade e que non se fai unha configuración de software única a partir de Guadalinex Mini, senón que en función das necesidades dos demandantes, ademais de axustar as características dos equipos, axústase o software instalado. Como particularidade, nestes momentos hai unha serie de equipos que só son validos para "mergulladores na rede" e pouco máis, pouco procesador, pouco disco ríxido, aínda que con 64 MB de RAM, a mágoa e que esta RAM é EDO, polo que o seu rendemento pode enganar se pensamos noutros usos..." "Dispoñemos tamén se escáneres e impresoras láser, que se adxudicarán en función das necesidades de cada proxecto. A información da convocatoria, na páxina oficial: Como sempre, o Software instalado será Libre, nomeadamente GNU/Linux segundo as especificacións de GALPon que é o responsable deste eido." Artigos relacionados |






















