| Helena Veiguela anuncia a sinatura do convenio cos GUGL |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 13 de Maio do 2008 | |
|
Grupos Galegos de Usuarios de GNU/Linux (GUGL) e a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información asinarán en datas próximas a renovación do convenio de colaboración para a maior implantación do Software Libre en Galiza. Este anuncio facíao público a Directora Xeral, Helena Veiguela, durante a posta en común das xornadas “G11n: eu traduzo o teu software” o pasado fin de semana. Este evento, dirixido á comunidade tradutora de SwL ao galego, contou entre os seus asistentes con membros de GUGL aos que Veiguela invitou a participar da negociación previa do texto. A data da sinatura e o texto final do documento debateranse nunha reunión de debate, que terá lugar o vindeiro xoves 15 ás 16:30 horas nas dependencias do Cesga e á que están invitados todos os representantes dos GUGL. Artigos relacionados
|
















