| GPUL organiza un concurso para elixir o logo do seu décimo aniversario |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 29 de Febreiro do 2008 | |
|
Actualmente manifestan estar moi contentos co actual, xa que o que buscan é un logo especial de aniversario para usar ao longo deste ano tan especial, e que sirva ademais para facer algún tipo de camiseta ou outro merchandising. O concurso está dotado cun premio de 60€ para o gañador e pódese outorgar un accésit de 30€, non coincidente co gañador. Os premios non serán en metálico, senón que teñen que ser invertidos en material informático ou relacionado... O logotipo deberá entregarse nun formato vectorial aberto, preferiblemente SVG e non se aceptarán ficheiros maiores de 6Mb. Ademais, os concursantes autorizarán a GPUL a utilizar o logotipo cunha licencia libre. O traballo gañador e o gañador do accésit (si o houbese) faranse públicos entre os días 12 e 14 de marzo de 2008, a través do weblog de GPUL (www.gpul.org) e á lista de correos gpul-list.
Máis información sobre as bases do concurso na fonte orixinal: Artigos relacionados |







Segundo podemos ler na páxina de 








