| Amigus Party Verán 2008 nas Pontes |
|
|
|
| escrito por Frco. Javier Rial o Luns, 18 de Agosto do 2008 | |
Vemos na páxina web de Amigus, Asociacións Informática de As Pontes que están a organizar a nova edición da Amigus Party Verán 2008 (21, 22 e 23 de agosto) co-organizada co concello das Pontes, coa colaboración do Grupo de Empresa de ENDESA, Mancomún, o CESGA, a Consellería de Innovación e Industria e Openor.Para asistir á amigus-party verán-2008 debes ir equipado co teu computador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe e ollo, os altofalantes están totalmente prohibidos. O prazo de inscrición remata o 20 de agosto ás 12.00 horas. A inscrición pódela realizar cubrindo este formulario. O venres de 16:00 a 20:00 desta a xornada de software libre, nesta edición orientada ao mundo empresarial. O programa é o seguinte: 16:00 a 17:00: Presentación do Software Libre (GNU/Linux): 17:00 a 18:00 Solucións Libres de Xestión para PEMEs 18:00 a 19:00 Xestión de sistemas de rede con Software Libre Máis información en: http://www.amigus.org/partys/partyveran2008/ Artigos relacionados |

















