| A Coruña presenta a súa candidatura para a Akademy e GUADEC 2009 |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 01 de Xullo do 2008 | |
A empresa Igalia Enxeñaría do Software Libre, GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux) e a Universidade da Coruña veñen de presentar a candidatura da Coruña como sede para a celebración conxunta dos eventos GUADEC (GNOME) e Akademy (KDE) no vindeiro ano 2009. Esta candidatura conta co respaldo da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, quen se comprometeu expresamente a ofrecer plena colaboración aos organizadores, no caso de seren seleccionados. Ambos eventos, celebrados conxuntamente, constitúen o maior evento relacionado con escritorios en Software Libre a nivel mundial. A Guademy xa foi organizada no ano 2007 na Coruña por GPUL. Segundo explican membros do GPUL, “temos instalacións, temos un equipo apaixonado e unha morea de ideas recollidas coa nosa participación en numerosos eventos, así como na organización dos mesmos". Ademais da proposta da Coruña concorre a esta candidatura o Cabildo de Gran Canaria. Máis información: Blog de Chema Casanova Artigos relacionados
|







A empresa 








