| A Amigus Party Verán 2008 acolle hoxe unha xornada temática sobre Software Libre |
|
|
|
| escrito por Irene o Venres, 22 de Agosto do 2008 | |
|
O goberno cántabro celebra a comezos de setembro a Party Cantabria.Net
A xornada de hoxe apartará temporalmente o aspecto máis lúdico do encontro para dar cabida a unha intensa sesión de relatorios adicados ao Software Libre. Como xa informara Mancomún anteriormente, entre as 16:00 e as 20:00 horas sucederanse unha Presentación de Software Libre, a cargo de José Manuel Campello, un relatorio entorno a Solucións Libres de Xestión para PEMEs, impartido por Carlos Roca, e como colofón un percorrido polo servizos de rede ofertados por GNU/Linux e que poden ser de uso básico para unha empresa. Os asistentes a esta sesión poderán intervir nun coloquio final expoñendo a súa opinión sobre o Software Libre, no referente á súa situación actual, aos ámbitos de implantación ou todo aquelo que xurda do debate. A Amigus Party Verán está organizada pola Asociación Informática de As Pontes Amigus en colaboración co Concello das Pontes, o Grupo de Empresa de Endesa, Mancomún, o CESGA, a Consellaría de Innovación e Industria e Openor. Party Informática Cantabria.Net A Vicepresidencia do Goberno de Cantabria, a través da Dirección Xeral de Xuventude, organizou a ‘Party’ informática Cantabria.Net, que se celebrará do 4 ao 7 de setembro no Palacio de Exposicións de Santander. Para esta festa están programadas numerosas actividades ás que poderá asistir gratuitamente o público que o desexe, sen límite de idade, até completar aforo. A ‘Party’ comezará coa tradicional ‘Arrincada’, momento da conexión á Rede, previsto para o xoves, 4, ás 20:00 horas, e que este ano contará coa especial participación do grupo de hip hop SoulDealers, gañadores do primeiro Premio no Certame de Música Xove de Cantabria 2007, e que realizaron una innovadora posta en escena a base de robots. Máis información: Amigus Party Verán 2008 e Juventud Cantabria.Net Artigos relacionados |

















