|
Xornadas USC 2007: 20 e 21 de setembro |
|
|
|
|
escrito por USC
o Mércores, 05 de Setembro do 2007 |
|
Do 20 ao 21 de setembro terán lugar as “Xornadas USC 2007” organizadas polo GLUG e AUSLUC no que participan tamén membros doutros grupos galegos coma GULO, AGNIX e tamén o director do proxecto TRISQUEL.
Estas terán lugar no Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela. Serán de moito interese para todos aqueles usuarios de GNU/Linux que procuran novos coñecementos, xa que gran parte dos relatorios terán a forma de talleres prácticos. O programa das “Xornadas USC 2007” é o seguinte: - Día 1 – Xoves (20 de setembro de 2007)
10:30 - Tecnoloxías para un entorno vivo. Trisquel Live CD: Descrición do conxunto de técnicas precisas para construír un sistema "Live" para un cd, instalación por rede, clústeres instantáneos ou clientes lixeiros. Exemplo práctico e demostración con Trisquel GNU/Linux. 16:00 - Proxecto Belenus, apuntes para a construción dun servidor solar autónomo despropósito: Presentación do Proxecto Belenus de construción e arquitectura dun servidor solar autónomo multifuncional ... 18:00 - Servizo de Mensaxería propio: Ejabberd: Instalación e configuración dun servizo de mensaxería interna que permita enviar mensaxes off-record empregando o servizo jabber.
- Día 2 - Venres (21 de setembro de 2007)
- 10:30 - Instalación FreeBSD + servizos XAMP:
- Instalación de FreeBSD
- Configuración básica dun sistema BSD
- Manexo e administración de FreeBSD
- Instalación dos “servizos típicos” (*AMP)
- 12:30 - Alternativas para a virtualización de redes de área local con Qemu
- 16:30 - Introdución ás redes seguras con VPN's e IPSEC
- Descrición, instalación e configuración de redes seguras con VPN's e IPSEC
Todos aqueles que esteades interesados en asistir as xornadas podedes inscribirvos premendo na seguinte ligazón. Fonte: http://www.glug.es/Xornadas/
Artigos relacionados
|