Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Eventos arrow Xornadas Universi Lliure
Xornadas Universi Lliure PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 27 de Novembro do 2006

As Xornadas “Universo Libre ” sobre universidades e coñecemento libre teñen coma obxecto reflexionar sobre a transferencia de coñecemento das institucións universitarias no actual modelo de Sociedade da Información, trataranse temas como o uso do Software Libre e os contidos abertos, así como a cooperación científica e académica entre as institucións universitarias.

Durante dous días, os próximos 29 e 30 de novembro, “Universo Libre” quere ser un espazo de contacto e de intercambio entre as comunidades de usuarios de Software Libre e de contidos abertos que hai actualmente ás diferentes universidades do territorio catalán.

A Secretaría de Telecomunicacións e Sociedade da Información (STSI) da Generalitat de Catalunya, a Fundación Observatorio para a Sociedade da Información a Catalunya (FOBSIC), Universitad Dixital, l'Oficina de Software Libre, a Fundación i2CAT e o Centro de Supercomputación de Catalunya (CESCA ) organizan estas xornadas. “Universo Libre” conta coa colaboración da Universitat de Lleida (UdL), Universitat Oberta de Catalunya (UOC), CreativeCommons-Catalunya e a Rede Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre na que está a Xunta de Galicia.

A xornada está dirixida a toda a comunidade universitaria, e en definitiva, a todos aqueles que estean interesados no coñecemento libre. As xornadas celebraranse no Consorcio “O Far” de Barcelona e é necesaria a inscrición previa xa que as prazas son limitadas. Haberá servizo de tradución simultánea.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement