Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Eventos arrow Xornadas DescubreLinux 07 de Aulusc
Xornadas DescubreLinux 07 de Aulusc PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 22 de Febreiro do 2007

AuluscPor segundo ano dende AULUSC e coa colaboración da ETSE, celébranse as Xornadas DescubreLinux07 para aqueles que estean interesados en inscribirse en dar os primeiros pasos con GNU/Linux. O obxectivo desta actividade é facilitar a iniciación no uso de tanto dos sistemas operativos coma das aplicacións libres. Estas xornadas comezan o día 1 de marzo e rematan o día 29.

Organizarase unha install party e realizaremos diveros talleres e mostras para vencer o medo dos non iniciados e as posibilidades de traballo sobre Linux. As xornadas son especialmente interesantes para os alumnos de primeiro curso da Enxeñería Técnica e Informática de Sistemas posto que realizarán prácticas sobre esta plataforma aínda que están abertas a todo o mundo que teña interese en Linux e nas ferramentas libres.
 
A lista de actividades está dispoñible na web de Aulusc e inclúe talleres de introdución a GNOME, OpenOffice.org, Gimp, ou redes wireless entre outras actividades.




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement