Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Eventos arrow Xornada sobre Cultura 2.0 e Software Libre
Xornada sobre Cultura 2.0 e Software Libre PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 24 de Novembro do 2006
O Consello da Cultura Galega e o Clube Internacional de Prensa organizan unha charla sobre Cultura 2.0 na que se analizará a repercusión e os cambios que Internet e as novas tecnoloxías dixitais están a provocar no mundo da cultura. A xornada desenvolverase o martes 28 de novembro de 2006, a partir das 19:00, no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega. O acto contará coa presenza de Roberto Brenlla, empresario e socio de AGNIX, Juan Freire, profesor da Universidade da Coruña e experto en Sociedade da Información, e Horacio González membro do equipo de escoitar.org que compartirán unha mesa redonda sobre Cultura 2.0 en Galicia.
 
Ás  20 h. terá lugar unha conferencia de Marcelo D'Elia Branco, ex asesor para a sociedade da información de Lula da Silva e que na actualidade está a traballar para a Generalitat de Catalunya. D'Elia  Branco foi articulador do Proxecto Software Libre Brasil.
 
A inscrición é gratuíta e non precisa inscrición previa.




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement