|
Xornada Plan Impacto EGANET “Tradución automática: unha realidade” |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 21 de Novembro do 2007 |
|
EGANET, a Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías, celebra hoxe, día 21 de novembro en A Coruña, unha xornada dirixida a profesionais de pequenas e medianas empresas galegas, na que se presentará o sistema de tradución automática Opentrad.
A sesión terá lugar a partires das 17.30 horas na sede da Fundación Caixa Galicia e será impartida por Diego Vázquez, socio fundador de Imaxin Software, baixo o título “Tradución automática: unha realidade”, na que se abordarán as tecnoloxías lingüísticas e se exporán solucións para mellorar a calidade da documentación empresarial mediante sistemas de corrección, buscas intelixentes e a súa internacionalización. Para iso, existen sistemas de tradución automática, como o Opentrad, o primeiro sistema de tradución automática en programación libre, que permite o seu uso gratuíto e o seu acceso rápido a través da web Opentrad.com...
Máis información na nova orixinal: http://www.eganet.org/axenda.asp?cat=2
Evento engadido á Axenda de Eventos: http://www.mancomun.org/index.php?option=com_extcalendar&Itemid=37&extmode=view&extid=276
Artigos relacionados
|