Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Eventos arrow Xa se poden enviar as presentacións para o Akademy 2008
Xa se poden enviar as presentacións para o Akademy 2008 PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 05 de Marzo do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/kde_logo.png O prazo para enviar presentación para o Akademy 2008 xa está aberto. Esta vai ser o primeiro Akademy que se realicen desde a chegada da nova versión de KDE 4. Para participar na conferencia como poñente hai que mandar un pequeno "abstract" de 150 palabras, unha pequena biografía do relator e unha fotografía (200x200 px). Todo isto hai que envialo ao seguinte enderezo de correo: akademy-talks-2008@kde.org. O prazo de presentación de relatorios remata o día 1 de maio. 

Todas as presentación recibidas até ese día serán revisadas polo comité, que dará a coñecer os relatorios aceptados como máis tarde o 1 de xuño.

O evento terá lugar en Bélxica entre os días 9 e 15 de agosto...

O Akademy é un evento anual de Software Libre orientado á contorna de escritorio KDE. Este ano os temas principais a tratar neste encontro de desenvolvedores serán:

  • A nova versión de KDE 4: migración de aplicacións á nova versión, creación de novas aplicacións, presentación da plataforma e as novas características.
  • Proxectos de investigación: investigación científica, universidades, presentación de teses...
  • Dispositivos móbiles embebidos: KDE fora da contorna clásica do escritorio, desafíos clásicos, adaptar KDE ao mundo móbil.
Podes atopar máis información na seguinte ligazón:
http://akademy2008.kde.org/




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement