| Workshops en Software Libre para maio, xuño e xullo organizados por Audiência Zero |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 13 de Maio do 2008 | |
|
Desde Audiência Zero nos informan da presentación do programa de workshops que van desenvolver durante os meses de maio, xuño e xullo deste ano. En concreto trátase de workshops en Software Libre que se ocuparán de ensinarnos a usar ferramentas como Gimp, Blender, Inkscape, Ardour e Processing entre outros. Ademais tamén contan cunha experiencia en e-learning con un workshop de Joomla. O cartel do evento é o que se presenta a continuación premendo en "Ler máis"... Cartel do evento: ![]() Audiência Zero é unha asociación sociocultural que pretende ser un espazo público de integración, intervención e desenvolvemento onde persoas con obxectivos semellantes poidan reunir esforzos que posibiliten a realización conxunta de proxectos artísticos, culturais e educacionais...
Artigos relacionados
|

















