|
A Asociación de Empresarios de O Ceao dentro do programa Rede de Dinamización da Consellaría de Innovación e Industria continúa no mes de setembro coas cápsulas tecnolóxicas, pequenos cursos gratuítos relacionados con Internet dirixidos a todos os traballadores e empresarios do polígono industrial de O Ceao. O obxectivo das cápsulas tecnolóxicas é acercar as novas tecnoloxías aos traballadores e empresarios de O Ceao a través de cursos de curta duración co obxectivo de optimizar o seu tempo e que poidan asistir a unha ou a todas segundo as súas necesidades. A continuación detállanse as datas dos 11 eventos xunto cun breve resumo de cada unha das cápsulas tecnolóxicas. Todos os cursos terán unha duración de 2 horas e terán lugar de 20:00 a 22:00 h (a non ser que se indique o contrario): Mellora a navegación por Internet: Mozilla Firefox e Mozilla Thunderbird Data: luns 10 de setembro de 2007. Contido: Optimiza a navegación por Internet. Melloras que nos ofrecen outros navegadores. Alternativas ao Internet Explorer e Outlook Express.
Correo electrónico: como combater o correo lixo Data: martes 11 de setembro de 2007 Contido: Que é o correo lixo? Por que nos chega correo lixo? Ferramentas para combatelo. Ligazóns de interese. Para ver todos o programa premendo en ler máis ou na seguinte ligazón: Programa cápsulas tecnolóxicas setembro [PDF]
Ferramentas Google: gmail, iGoogle, Google Maps, Google Docs... Data: mércores 12 de setembro de 2007. Contido: Ferramentas gratuítas que nos proporciona Google. Nocións básicas e funcionamento de cada unha delas. Ligazóns de interese. Wikipedia, a enciclopedia libre e gratuíta Data: xoves 13 de setembro de 2007 Contido: Que é a Wikipedia? Nocións básicas e funcionamento da Wikipedia. Ligazóns de interese. Software libre, programas de balde e competitivos Data: luns 17 de setembro de 2007. Contido: Que é o software libre? Conceptos do software libre. Principais programas libres e gratuítos. Conceptos do sistema operativo Linux. Toma de contacto co sistema operativo e outros programas libres. Wifi, segredos das redes inalámbricas Data: martes 18 de setembro de 2007 Contido: Que é unha wifi? Nocións básicas e funcionamento das redes sen fíos. Como crear a nosa propia rede sen fíos. Que ter en conta á hora de crear unha rede sen fíos? Breves conceptos de seguridade. Por que é importante que a miña empresa teña páxina web? Data: mércores 19 de setembro de 2007 Contido: Conceptos de páxina web. Vantaxes e beneficios de que a miña empresa teña páxina web. Pasos a seguir á hora de desenvolver un proxecto web. Principais características da páxina web. Recursos para ter a miña propia web gratis. Sinatura dixital e facturación electrónica Data: xoves 20 de setembro de 2007 Contido: Que é a sinatura dixital? Para que me serve? Crea a túa propia sinatura dixital. Que é a facturación electrónica? Beneficios da facturación electrónica. Fotografía dixital. Retoca as túas fotos Data: luns 24 de setembro de 2007 Contido: Conceptos da fotografía dixital. Como retocar as túas propias fotografías. Programas e enderezos de interese. Crea a túa propia cápsula. Ven, pregunta e resolve as túas dúbidas Data: xoves 26 de xullo de 2007 Horario: 20:00 a 22:00 Duración: 2 horas. Contido: Ven e resolve as túas dúbidas relacionadas con Internet ou as novas tecnoloxías. Ven e pregunta. OpenOffice.org. Procesador de textos, folla de cálculo, presentacións e outro software ofimático Data: mércores 26 e xoves 27 de setembro de 2007 Horario: 20:00 a 22:00 Duración: 4 horas. Lugar: Centro de Empresas e Innovación. Avda. Coruña, 490. Lugo. Contido: Coñecer o OpenOffice.org. Explorar as posibilidades de OpenOffice. Valorar as posibilidades de migrar dende Microsoft Office. Fonte orixinal da nova: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu
Artigos relacionados
|