| Remata o obradoiro "Novas Ferramentas de Internet: Gmail, iGoogle e Wordpress" no Salnés |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 28 de Agosto do 2007 | |
|
O obradoiro está dividido en dúas sesións de 3 horas cada unha en horario de mañá os sábados desde as 11:00 até as 14:00 horas. Na primeira, móstrase as distintas funcionalidades do correo electrónico de Google Gmail, e o escritorio virtual iGoogle e na segunda sesión, centrase na creación dun blogue desde cero, usando o Software Libre Wordpress. Os obxectivos do obradoiro son mostrar novas alternativas para o manexo do correo electrónico, creación dun escritorio virtual e blogues. O obradoiro está enfocado tanto ao público en xeral como tamén para asociacións. Sobre todo para estas últimas, posto que o aproveitamento destas tres ferramentas poden permitirlles, entre outras cousas, mellorar a súa comunicación tanto interna como externa por medio do correo electrónico, darse a coñecer dunha maneira sinxela mostrando as súas actividades, os seus obxectivos, eventos nos que participan, etc... a través da creación dun blogue e por último ter acceso a outras ferramentas gratuítas online desde un escritorio virtual. Artigos relacionados |







O sábado 1 de setembro chega ao seu fin o obradoiro "








