Menu Content/Inhalt
» Inicio
Ousli organiza as "II Xornadas de Programación Web con Software Libre" PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 03 de Abril do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/ousli_web2.png Visto na páxina web de OUSLI :
"Este ano voltamos a celebrar as Xornadas sobre "Programación Web en Software Libre".

A diferencia do ano pasado, este ano en OUSLI queremos contar coa túa opinión. Decide ti o programa, os poñentes, horarios, duración, temática, prezo ... ¡¡axúdanos a facer unhas xornadas ás que che gustaría asistir!!.

Para que ti podas decidir e axudarnos a web consta de 4 apartados:

  • Elixe o programa: Neste apartado poderás votar sobre conferencias propostas dende OUSLI para realizarse nas xornadas. As máis votadas serán elixidas para realizarse nas xornadas. ¡¡VOTA!!.
  • Call For Papers: Se tes experiencia na programación web en software libre, envíanos unha proposta de conferencia para participar como poñente nas xornadas. ¡¡Envía a túa conferencia!!.
  • Brainstorming: Se tes ideas sobre conferencias que se poderían realizar nas xornadas envíanos as túas ideas e se ademais coñeces alguén que poida dar a conferencia refléxao na descrición. ¡¡Envía a túa proposta!!.
  • Contacto: Se queres porte en contacto con nos para calquera dúbida ou suxestión o podes facer no formulario de contacto.

O tempo corre en contra de todos, dalle difusión entre os teus compañeiros e fagamos unhas moi boas xornadas. ¡¡¡Ti decides!!!

A data límite para o envío de propostas e Call for papers será o día 14 de Abril ata as 23:59:59."

 





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement