| Os Premios Eganet recoñecen as mellores iniciativas no eido das TIC en Galicia |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 30 de Marzo do 2007 | |
|
O equipo de Mancomun.org agradece publicamente a concesión deste premio e quere facelo extensivo aos outros dous finalistas polo seu excelente traballo: a empresa Imaxin Software polo seu Opentrad e, especialmente dado o mérito e calidade do seu labor, ao I.E.S. Chan do Monte e ao responsable técnico do seu proxecto Manuel Morán. Mancomun.org quere tamén facer partícipe deste galardón ao movemento asociativo a prol do Software Libre pola súa importante actividade de difusión, aos docentes que loitan a diario por introducir o Software Libre nas aulas, ás persoas que desde a Consellería de Innovación en particular e na administración en xeral apostan polo Software Libre coma unha solución de presente e futuro para os cidadáns, ás empresas que en Galicia están a crear riqueza e emprego a través do código aberto e, en definitiva, a todas aquelas persoas que traballaron e traballan de maneira xorda e non o suficientemente recoñecida por un modelo tecnolóxico mellor. Eles son a comunidade do Software libre e os verdadeiros gañadores. Destaca a concesión do Premio Especial Eganet ao Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información coma iniciativa de maior contribución ao sector TIC en Galicia.Tamén foi nominada outra iniciativa baseada no Software Libre: o portal do Concello de Abegondo na categoría Premio Tecnoloxía Accesible. Artigos relacionados
|








Eganet












