Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Eventos arrow Obradoiro de Software Libre para Astronomía

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Obradoiro de Software Libre para Astronomía PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 23 de Xuño do 2008
A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración con Mancomún, afondará no estudo e análise de aplicacións con tecnoloxías abertas vinculadas ao campo da astronomía coa organización do Obradoiro de Software Libre para Astronomía.

Este encontro, enmarcado dentro do curso de verán da USC sobre Astronomía e Contaminación Lumínica, terá lugar o día 10 de xullo en Rianxo e será impartido por Rubén Díaz Lázaro, Técnico de Investigación da USC e membro do Clube de Astronomía Vega de Santiago.

Ademais desta particular perspectiva entorno á astronomía, o programa aborda moitos outros aspectos con obradoiros repartidos entre o 8 e o 12 de xullo. Estes encontros teñen como finalidade concienciar aos participantes sobre o problema da contaminación lumínica, así coma a busca de solucións e de recursos viables para o mesmo.

O prazo de inscrición permanece aberto até o vindeiro día 27 de xuño na páxina de cursos de verán da USC.

Máis información





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...