| O encontro sobre OpenBravo e ferramentas de xestión empresarial reuniu ás empresas do sector |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 02 de Abril do 2007 | |
|
O pasado venres 30 de marzo tivo lugar na Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre unha xornada de traballo que reuniu a varias empresas do sector TIC para falar do ERP libre OpenBravo e outras ferramentas de xestión empresarial. Este evento contou coa presenza do community manager de OpenBravo Jordi Mas que falou sobre a alta difusión do produto, que conta con tres partners en Galicia, no mercado global e os retos e oportunidades desta novo xeito de entender o negocio das aplicacións informáticas orientadas ás empresas. ![]() Na primeira sesión Mas expuxo as principais características do ERP, a súa traxectoria, política de partners, política de expansión... Posteriormente deuse paso a unha mesa redonda onde os participantes intercambiaron ideas sobre a grande oportunidade para a xeración de alianzas empresariais que trae consigo un modelo de negocio non baseado no código senón nos servizos, o problema que supón para a PEME as solucións estandarizadas das grandes empresas de software privativo ou o papel da administración como promotora das TIC. Tedes na nosa web a presentación sobre OpenBravo. Artigos relacionados
|






















