Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Eventos arrow O concello de Rianxo impartirá un curso de introdución a GNU/Linux
O concello de Rianxo impartirá un curso de introdución a GNU/Linux PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 22 de Marzo do 2007

http://www.mancomun.org/images/stories/rianxo.jpg Co título de "Linux: a alternativa", o concello de Rianxo impartirá un curso de introdución ao sistema operativo GNU/Linux orientado ao público en xeral pero cunhas horas de formación específica para o persoal do concello.

O curso celebrarase os días 2, 3 e 4 de abril, e está destinado a persoas de todas as idades e que están iniciadas no mundo da informática.

Para inscribirse hai que acercarse á Casa da Cultura "Cuartel Vello" na Praza de Castelao de Rianxo, ou chamar aos seguintes teléfonos: 981866663, 981866381 ou mandar unha mensaxe ao seguinte enderezo de correo: informatica@rianxo.com ...


O curso está organizado por grupos, un grupo de 10:00 a 11:30 e outro de 12:00 a 13:30 e cada grupo poderá estar formado por 10 persoas que usarán os recursos do concello, máis todas aquelas persoas que queiran asistir como oíntes ou co seu portátil.

Tamén haberá dúas horas adicionais dos cursos orientadas exclusivamente á formación do persoal do concello. 

Os contidos do curso inclúen:

  • Introdución ao sistema operativo GNU/Linux.
  • Descarga, instalación e configuración.
  • Aplicacións: deseño gráfico, ofimática e multimedia.
  • Contornas de escritorio 3D.
  • Comunicacións: rede e Internet, correo electrónico, chat, mensaxería...
  • Xogos en rede.

Máis información na páxina web do Concello de Rianxo:
http://www.rianxo.com





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement