| Novo obradoiro da Rede de Dinamización no Barco de Valdeorras |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 25 de Febreiro do 2008 | |
O centro Comarcal do Barco de Valdeorras, en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, iniciará o vindeiro mércores día 27 un obradoiro de iniciación ao OpenOffice Impress para a asociación Vagalume.Con este obradoiro preténdese que os asistentes adquiran uns coñecementos básicos do manexo e funcionamento do OpenOffice Impress, e que poidan facer as súas propias presentacións. O obradoiro, que será impartido pola dinamizadora do Centro Comarcal de Valdeorras, dará comezo o mércores día 27 do mes de febreiro até o martes día 4 do mes de marzo en horario de 20:00 a 21:00 horas, na aula audiovisual do Concello do Barco de Valdeorras (Praza do Concello nº2)... Fonte: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu Artigos relacionados
|








O centro Comarcal do Barco de Valdeorras, en colaboración coa 












