| Mancomun.org presente no gran evento sobre educación Docentia |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 09 de Abril do 2007 | |
|
O Software Libre estará presente en Docentia, salón monográfico da educación, a formación e o emprego que se celebrará en Vigo os días 12, 13 e 14 de abril. Trátase dun gran evento no que se amosan as últimas novidades e se fai unha análise do sector a través de diversas conferencias. Mancomun.org falará sobre o Software Libre aplicado á educación nunha mesa titulada Aplicacións, recursos para a aula e iniciativas TIC. Nesta charla Mancomun.org compartirá mesa con Tadega, Edugaliza-Hiparcos e Ardora. O Software Libre amósase unha vez máis coma unha ferramenta de futuro para o acceso dos centros de formación ás tecnoloxías de información. Docentia celebrarase no Instituto Feiral de Vigo e estará aberto de 10 a 20 horas xoves e venres, e o sábado de 11 a 14:30. Artigos relacionados
|





















