| Mancomún imparte este mes un curso de contabilidade con AbanQ no concello do Grove |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 08 de Xullo do 2008 | |
|
Desde o día 7 até o 22 de xullo desenvolverase no Grove o curso de Contabilidade, no que se empregará o programa de software libre AbanQ, coñecido anteriormente como FacturaLux. O curso levarase a cabo na Aula da Rede de Dinamización situada no primeiro andar da Casa de Cultura Manuel Lueiro Rey, en horario de luns a venres de 20 a 22 horas. Con este curso preténdese que os e as asistentes adquiran coñecementos sólidos das ferramentas de cálculo e de análise para poder levar a contabilidade dunha empresa, aprendendo a pechar un exercicio contábel e analizando os resultados e balances, así como familiarizarse cos supostos de contabilidade financeira e de sociedades actualizados, traballando coas situacións producidas nunha empresa real... Fonte: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/ Artigos relacionados
|







Mancomún en colaboración coa 








