Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Eventos arrow II Xornadas de Informática Gráfica e Software Libre de GPUL
II Xornadas de Informática Gráfica e Software Libre de GPUL PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 28 de Febreiro do 2007
GPUL organiza as II Xornadas de Informática Gráfica e Software Libre nas que se analizará a situación actual do deseño gráfico e o desenvolvemento 3D no Software Libre. Entre outros convidados contará coa presenza de Jacques Isaac, Director Técnico de Bren Entertainment, que analizará o emprego de tecnoloxías libres no desenvolvemento dunha animación gañadora dun Premio Goya, "Pérez, el ratoncito de tus sueños".

Juan Javier Martínez, do proxecto Acuática, dará unha perspectiva histórica das aplicacións de usuario libres. Alberto Jaspe (socio de GPUL) falará do uso do Software Libre na investigación e explotación de aplicacións gráficas interactivas e Antonio Seoane, centrarase nos terreos da realidade virtual e visualización tridimensional en tempo real.

As xornadas terán lugar na Aula de Grados da Facultade de Informática de A Coruña o próximo martes día 6 de marzo de 2007. Para rexistrarse é preciso cumprimentar o formulario de preinscrición que xa está dispoñible. A preinscrición non é obrigatoria (salvo para aqueles que desexen un certificado de asistencia) pero axudará a estimar a asistencia.

Máis información: GPUL





ChuzaMeneameDel.icio.us!




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement