| I Encontro Internacional do Coñecemento Libre e o Software Libre de Madrid |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 10 de Abril do 2007 | |
|
A Free Knowledge Foundation / Fundación Conocimiento Libre (FKF) anuncia a celebración do Libremeeting 2007, o Primeiro Encontro Internacional de Coñecemento libre e Software Libre de Madrid, que terá lugar os días 10 e 11 de maio de 2007 na Residencia Universitaria La Cristalera, en Miraflores de la Sierra (Madrid). O encontro ten como obxectivo acercar e conectar ás persoas e organizacións activas no desenvolvemento dunha sociedade libre a través do Coñecemento Libre e o Software Libre.
O día 11 realizarase ademais o acto de entrega dos Premios Libre.org 2007 a persoas e organizacións que destacaron na defensa e promoción do Software Libre. Os premiados son o alcalde de Zaragoza Juan Alberto Belloch, a Junta de Andalucía, a Generalitat Valenciana, e os municipios que conforman o Consorcio Público del Conocimiento Libre y el Software Libre de España. Outras actividades salientables que terán lugar durante o evento son:
A inscrición no encontro e a reserva de prazas na residencia «La Cristalera» pódense realizar en http://www.libre.org/libremeeting
Artigos relacionados
|





















