|
GPUL organiza o GUADEMY 2007, Hackmeeting |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 26 de Xaneiro do 2007 |
GUADEMY é unha reunión de hackers e futuros desenvolvedores orientada aos escritorios libres. Será a primeira vez que participen conxuntamente os desenvolvedores de GNOME e KDE do ámbito hispano nun evento centrado no escritorio. GPUL organiza este evento que terá lugar na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, os días 23, 24 e 25 de marzo. GPUL a través da súa web fai un chamamento á comunidade para que envíe as súas propostas de actividades, temas de debate, colaboracións...
O evento estará orientado a impartir charlas introdutorias de como desenvolver aplicacións nos escritorios libres. O resto dos días haberá sesións de hacking titorizadas, desenvolvemento de novas funcionalidades, solución de erros e posta en común de ideas.
Artigos relacionados
|