| Cursos de formación en OpenOffice.org no Concello de Mugardos |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 18 de Febreiro do 2008 | |
O Concello de Mugardos en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información e Mancomun.org, abre o prazo de inscrición para os cursos de base de datos e de folla de cálculo, coas ferramentas de OpenOffice Base e de OpenOffice Calc respectivamente.O prazo de inscrición para ditos cursos pecharase o 14 de marzo e contan con 15 prazas cada un deles. Requisitos: coñecementos a nivel usuario/a de informática. Para inscribirse achegarse a aula de formación Francisco Vizoso, na Parroquia de Franza dentro do seguinte horario: Luns, mércores e venres de 11 a 15 horas e de 16 a 21 h. Martes e xoves de 16 a 21 h. http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu Artigos relacionados
|






















