| Curso de Linux avanzado en Foz desde o 7 de abril até o 6 de maio |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 24 de Marzo do 2008 | |
|
Visto en http://www.lavozdegalicia.es: A aula universitaria da Uned de Foz organiza un curso de Linux avanzado que se desenvolverá entre o 7 de abril ao 6 de maio, de luns e venres e de 18.30 a 20.30 horas. O obxectivo é capacitar ao alumno para sacar partido a un sistema operativo que se utiliza tanto no ámbito empresarial como no docente e particular. O prezo para os alumnos da Uned ou do IES de Foz, onde está a sede deste aula, é de tres euros e para o resto, de seis. Poden solicitar máis información chamando ao teléfono 982 141 544 e para anotarse poden acudir á aula ou na Casa da Xuventude do Concello de Foz.
Artigos relacionados
|





















