| Curso de follas de cálculo co OpenOffice.org en Pontevedra |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 20 de Febreiro do 2008 | |
|
O Concello de Pontevedra en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información abre a inscrición para o curso de follas de cálculo con OpenOffice Calc, de 15 horas de duración, que se desenvolverá os días 31 de marzo, 1, 2, 3 e 4 abril, cunha duración de 3 horas diarias, no Pazo da Cultura de Pontevedra. O prazo para inscribirse neste curso comeza o día 19 de febreiro e remata o día 14 de marzo. Os interesados e interesadas terán horario de tarde de 18.00h. a 21.00h. e deberán ter uns coñecementos básicos sobre programas ofimáticos. As prazas están limitadas a un mínimo de 10 persoas e un máximo de 15 polo que as inscricións faranse rigorosamente por orde de chegada... Con esta actividade preténdese acadar os seguintes obxectivos:
Con esta actividade os participantes adquirirán un coñecemento básico das follas de cálculo que axudarán na regularización do proceso de gastos e ingresos dunha actividade económica. Engadido á Axenda de Eventos de Mancomun.org. Fonte: Artigos relacionados |





















