| Curso de creación de páxinas web no Barco de valdeorras |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 10 de Xuño do 2008 | |
|
Mañá dará comezo un curso de Construción de Páxinas Web con Nvu no Barco de Valdeorras. Este curso é organizado pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información, o Centro Comarcal de Valdeorras, en colaboración con Mancomún. O curso terá unha duración de 40 horas, que se impartirán dende o día 11 até o día 8 de xullo, de luns a venres en horario de 20:30h a 22:30 horas na Academia Epsilon, rúa Eloy Rodríguez 57 - Baixo (fronte á Estación de Renfe).
Con esta actividade preténdese que os/as asistentes adquiran uns coñecementos necesarios para deseñar o espazo web dunha empresa e colocalo en Internet, achegando á poboación o emprego de ferramentas de software libre coma alternativa viábel ao uso de software privativo. Mais información: Rede de dinamización Artigos relacionados
|
















