Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Eventos arrow Convocados novos cursos de iniciación á informática con Linux
Convocados novos cursos de iniciación á informática con Linux PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 23 de Abril do 2008
A Rede de Dinamización continúa a promover por toda a xeografía galega o uso do sistema operativo Linux coa convocatoria de sete novos cursos de iniciación á informática sobre este software. Actualmente xa son once concellos galegos os que están a impartir os obradoiros, os cales se prolongarán na maior parte dos casos ata finais do mes de maio.

Estes cursos, de carácter gratuito, están orientados a amosar o contorno básico do sistema operativo Ubuntu, así como a familiarización coas ferramentas básicas informáticas.

Ubuntu é un sistema operativo de código aberto desenvolto en torno ao kernel Linux. A filosofía Ubuntu baséase nos seguintes principios: que o software debe ser gratuíto, que a xente debe poder usar o software na súa lingua materna e debe poder facelo independentemente de calquera que sexan as súas limitacións; ademais de que debe ser libre para personalizar ou modificar o software do modo que crea máis conveniente.

Para matricularse, consultar a dispoñibilidade de prazas e localizacións, así como os horarios dos cursos deberán remitirse á Rede de Dinamización .





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement