Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Eventos arrow Claudio F. Filho exporá as vantaxes do Software Libre e estándares abertos na Universidade de Vigo

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Claudio F. Filho exporá as vantaxes do Software Libre e estándares abertos na Universidade de Vigo PDF Imprimir Correo-e
escrito por GALPon o Venres, 21 de Setembro do 2007
O coordinador xeral do proxecto OpenOffice en Brasil e presidente de BrOffice.org, Claudio F. Filho, ofrecerá o próximo martes 25 de Setembro unha conferencia na Universidade de Vigo para explicar as vantaxes do Software Libre e o emprego de estándares recoñecidos internacionalmente por organizacións independentes e non por compañías privadas como tenta facer Microsoft co seu formato OOXML.

 Esta compañía foi multada pola Comisión Europea a pagar unha multa de case 500 millóns de euros no 2004 por abusar da súa posición dominante e o Tribunal da Unión Europea rexeitou o recurso de Microsoft esta semana pasada.

Ademais, a proposta do formato OOXML como estándar internacional presentada por esta compañía foi rexeitada polo organismo internacional ISO/IEC despois de observar comportamentos irregulares en varios comités.

Os datos da conferencia:

  • Data: 25 de Setembro 2007
  • Lugar: Universidade de Vigo. E.T.S.E de Telecomunicacións de Vigo. Salón de Actos. Campus de Lagoas - Marcosende (Plano de localización)
  • Hora: 16:30h
  • Entrada libre e gratuita.

Este evento está organizado por GALPon e conta coa colaboración da propia Universidade de Vigo, a E.T.S.E. de Telecomunicacións e a asociación AGNIX.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...