| Certificación LPI no "X Congreso HISPALINUX" con desconto do 50% |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 30 de Novembro do 2007 | |
|
LPI (Linux Professional Institute), o principal ente certificador de Linux a nivel mundial, estará presente en Hispalinux co seu propio stand e unha oferta de exames cun desconto do 50% respecto á tarifa habitual. LPI é unha organización sen ánimo de lucro, independente de calquera distribución e comprometa coa promoción das habilidades OpenSource en todo o mundo: presencia en 40 países, 150.000 exames e 47.000 certificacións. Durante os días 15 e 16 de decembro realizaranse os exames para a obtención das certificacións LPIC-1 e LPIC-2. O esquema de datas e horarios é o seguinte...
Para a realizacións dos exames hai que obter previamente a ID de LPI, que se consegue a través da web oficial: Unha vez obtida a LPI ID, realizarase unha preinscrición mediante un correo electrónico a info@lpi.org.es. Máis información na páxina de Hispalinux: Artigos relacionados
|





















