| Arte Sons, encontro de arte sonora e música experimental baixo a cultura libre |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 10 de Abril do 2007 | |
|
Os días 13 e 14 de abril terá lugar en Lugo, Arte Sons, dúas xornadas adicadas á difusión da música experimental e a arte sonora de colectivos e artistas nacionais e internacionais, dentro dos parámetros da cultura libre e os procesos de creación colectiva.O programa comprende dende o debate teórico ata a acción sonora no entorno da cidade, e culmina cunha mostra do traballo de diversos artistas dentro do variado espectro da arte sonora, a electrónica experimental, a improvisación electroacústica, a música xenerativa e o ruido. O evento pretende evidenciar procesos creativos que veñen marcando liñas paralelas á corrente cultural dominante e que son consecuencia dos novos modos de producción e difusión da creatividade artística, e da colaboración comunitaria entre internet e as subculturas urbanas. O programa é o seguinte: VENRES 13 • Mesa redonda “A Música Libre no Contexto da Creación en Rede” 17.30 h. Escola Universitaria de Formación do Profesorado, USC. Ponentes: M. Inmaculada Cárdenas-Compositora e directora do Grupo de Creación Musical da USC. Chiu Longina- Antropólogo e artista sonoro. Arturo Vaquero- Productor e músico lucense. María Pérez- Xornalista e activista no entorno cultura libre. • Proxección de obras audiovisuais 22.00 h. Praza de O Cantiño. SABADO 14 • Seminario “Escoita Activa”, a cargo do colectivo Escoitar.org Conferencia: “Proxectos Internacionais de Intervención de Pontes” 11.00 Escola Universitaria de Formación do Profesorado, USC. Audio-Acción: “Auscultando a Ponte Romana de Lugo” 18.00 Ponte Vella. • Concertos 21.00-2.00 Club Cultural Babel • Dj Mister- Opening dj set • Leucochloridium- Experimental Alternative Jam Band • Christian Galarreta – Performance a través de Internet dende Perú-Noise • Dr. Think e Mike Rolling- Experimental dúo • Flexo- Performances sonoras • Ultranoise- Artista sonoro • Dj Hidráulico- 2-step, noise e breakcore Patrocina: Lugo Cultural (Universidade de Santiago de Compostela, Concello de Lugo, Xunta de Galicia, Diputación Provincial de Lugo, Fundación Caixa Galicia) e Coorganizan Grupo de Creación Musical da Vicereitoría de Cultura da USC (GCMUS) e Asociación MIRA EL RÍO BAJA coa colaboración do Club Cultural Babel. Artigos relacionados
|





















