| AJE Vigo achegou o Software Libre aos empresarios da cidade olívica |
|
|
|
|
A Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo celebrou o pasado luns 12 de novembro unha xornada ao redor das TIC dentro das súas Xornadas de Alta Formación na que o Software Libre tivo gran importancia. O evento contou coa presenza de Javier Vázquez, presidente de AGASOL (Asociación GAlega de empresas de SOftware Libre) e xerente da empresa coruñesa Igalia, que explicou o caso de éxito que representa a súa empresa no eido do Software Libre. Tamén participou un dos blogueiros máis reputados de España no terreo das TIC: Enrique Dans. Fonte: Código Cero Artigos relacionados
|
















