| Adiántase a hora de comezo da presentación do DVD Ferramentas Informáticas para a PEME |
|
|
|
|
As empresas TIC están convidadas participar na xornada de traballo sobre o DVD Ferramentas Informáticas para a PEME, recompilación de ferramentas informáticas de licenza libre que cobren as necesidades comúns das empresas do noso país no uso das novas tecnoloxías. Os interesados aínda poden inscribirse mandando un correo a eventos@mancomun.org.
O evento terá lugar en Santiago de Compostela no Hotel Porta do Camiño (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n. -ao pé do Palacio de Congresos e Exposicións en San Lázaro-) o día 7 de novembro. Artigos relacionados
|
















