| A Rede de Dinamización de Boiro organizou unha "Queimada dixital" |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 03 de Marzo do 2008 | |
|
Os dinamizadores proporcionáronlles aos usuarios un directorio de páxinas onde atopar música libre, e explicáronlles como escoitar e descargar as cancións escollidas. Para rematar, agasallaron aos asistentes cun CD no que puideron gravar a música libre e levala consigo, todo mediante Software Libre.
Fonte e máis información: http://www.sociedadedainformacion.eu Artigos relacionados |








O venres pasado, celebrouse en Boiro, na comarca do Barbanza, unha "Queimada dixital" que tivo como sede o Centro Social de Boiro. Durante varias horas puxéronse ao dispor do público dez computadores con conexión de banda larga para fomentar a descarga de música legal de balde por Internet. A iniciativa foi organizada pola Rede de Dinamización en colaboración co Concello de Boiro.












