| A Oficina de Software Libre da USC libera varios documentos con motivo do Software Freedom Day |
|
|
|
| escrito por Irene Touriño o Luns, 22 de Setembro do 2008 | |
|
As celebracións en torno ás tecnoloxías abertas sucedéronse por toda a nosa xeografía
O primeiro gráfico é un mapa conceptual, que intenta imitar o estilo do mapa conceptual do software libre. Como se pode comprobar en ambos gráficos, búscase separar por un lado a clasificación de tipos de licenzas dende as máis restritivas ata as menos restritivas, e por outra a base legal das mesmas. Ademais do mapa conceptual, rexístrase a mesma información nun mapa mental. Celebracións en Vigo e Mugardos Con motivo do Día do Software Libre, tiveron lugar diversos actos de celebración por toda a nosa xeografía. Ademais da sinatura do convenio cos Grupos Galegos de Usuarios de Software Libre (GGUL) da man do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza na véspera da celebración, houbo outros eventos destacados. GALPON organizou o “Software Freedom Night 2008” convidando aos membros da súa asociación e a calquera persoa que así o desexase a unha cea de confraternidade o sábado día 20. Pola súa banda, en Mugardos celebrouse o ciberencontro Kernel, no que se deron cita preto de medio centenar de persoas para unirse ao programa previsto. Mancomún, unha ano máis, foi patrocinador oficial do Software Freedom Day. Outros patrocinadores oficiais do evento foron Google, Canonical, a Free Software Foundation, o grupo de usarios danés de Unix e Mindtouch. Artigos relacionados
|
















