Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Eventos arrow A Conferencia Internacional de Software Libre 2008 fai un chamamento á colaboración voluntaria
A Conferencia Internacional de Software Libre 2008 fai un chamamento á colaboración voluntaria PDF Imprimir Correo-e
escrito por Mancomún o Martes, 22 de Xullo do 2008
Mancomún coordinará a presencia da comunidade de Software Libre en Galiza
 
logo CISLConferencia Internacional de Software Libre 2008 contará con voluntariado que colabore na organización do evento. As listas para inscribirse están xa abertas e brindan unha oportunidade única para todos os interesados en coñecer os detalles dun acontecemento que moverá a máis de 8.000 persoas de todas as nacionalidades.

As funcións serán diversas: atención aos relatores, asistencia técnica, información e recepción dos asistentes, guías de grupos, dinamización de zonas, apoio á organización, etc.Co propósito de facer partícipe a toda a comunidade, a organización asumirá todos os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención, ademais de que acreditará a labor de todos os voluntarios cun certificado de asistencia.

A asociación pola Formación, a Cultura e a Solidariedade, Iniciativa Focus, será a encargada de coordinar aos voluntarios e ás voluntarias que presten o seu tempo para a celebración deste evento.

A quinta edición da Conferencia Internacional de Software Libre celebrarase os días 20, 21 e 22 de outubro, no Palacio de Feiras de Málaga. Este evento constitúe un encontro de asistencia obrigada para toda a comunidade de Software Libre.

A comunidade galega no CISL 

Nesta quinta edición do evento, a comunidade galega de Software Libre participará do encontro adquirindo un maior protagonismo. Dado o recoñecemento e as expectativas que está a espertar Mancomún en Europa, a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información promoverá a través do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza (Mancomún) a coordinación dunha delegación galega.

Fonte: Iniciativa Focus





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement